O sonoro maxín é unha banda xurdida en Ourense no verán de 2007 na xuntanza de músicos dos grupos Lamatumbá e Cinnamon Gum.
Traxectoria Estréanse en Ourense, a súa cidade natal, o 30 de decembro e percorren durante o 2008, 2009 e 2010 toda a xeografía galega con máis de 150 concertos nos que puideron compartir escenario con grupos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestar, Tonino Carotone, Los Delinqüentes, La Troba Kung-Fú ou Che Sudaka. Remataron o 2010 cunha xira por Portugal que os levou desde a setentrional Chaves ata a meridional Tavira pasando por Amarante ou Péso da Regua.
No 2011 prepararon e gravaron o seu primeiro disco, A onda sonora (chega do interior), nos Garate Studios (País Vasco), contando coa produción de Kaki Arkarazo e o deseño de David Rubín. O disco sae á luz en abril de 2012. Froito da presentación do álbum, en 2013 realizan unha xira polo norte de Alemaña, chegando a tocar en Hamburgo e Kiel, onde compartiron escenario co músico francés Syrano. No 2014 foron o grupo galego convidado ao Mercat de Música Viva de Vic (Cataluña). En abril de 2017 publícase o seu novo álbum de estudio Sete Dezasete, producido polo músico e produtor catalán Marià Roch. En maio reciben o IV Premio Martín Codax da Música ao mellor grupo galego na categoría "Reggae/Ska/Mestizaxe"
Membros Os membros da formación son: Ico: voces Abraham o neno: guitarras Cristina Asenjo: acordeón Xurxo Brea: baixo Jaime Mateo: batería Miguel Xanceda: son en directo
Discografía Álbums de estudio A onda sonora (chega do interior), Inquedanzas sonoras, 2012 Sete Dezasete, Inquedanzas sonoras, 2017
Colaboracións en obras colectivas 120 capadores. Homenaxe aos Diplomáticos de Monte-Alto. Falcatruada, 2007 GZPOP! A nova fornada de rock en galego. Falcatruada, 2008 Pirritx eta Porrotx, Irrien lagunak. Katxiporreta, 2009 EBA 5.0. O universo de Eduardo Blanco Amor 50 anos despois de A esmorga. Difusora de letras, artes e ideas, 2009 A tribo toda baila. Homenaxe a Os Resentidos. Warner music, 2012 Os Bolechas fan unha banda. Bolanda, 2013
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Canal de youtube de O sonoro maxín Páxina de O sonoro maxín en Culturactiva.org
Categoría:Grupos musicais de Ourense Categoría:Grupos musicais en galego