Ramón Faginas Arcuaz, nado en Betanzos o 24 de novembro de 1842 e finado na Coruña o 7 de agosto de 1913Necrolóxica en El Norte de Galicia, 9-8-1913, p. 2., foi un político, xornalista e escritor galego.
Traxectoria miniatura|page=9|Guía indicador de La Coruña y Galicia para 1890-1891. Cando tiña 14 anos foi como voluntario á Primeira Guerra de Marrocos. Con 17 anos iniciouse na actividade xornalística. Federalista, socialista e galeguista, defendeu con constancia o programa galeguista do federalismo republicano. Foi deportado nunha ocasión e tamén tivo que emigrar para fuxir da persecución. Foi o iniciador e secretario da Liga de Contribuyentes da Coruña. Dirixiu El Deber de Pontevedra (1873) e El Telegrama, El Comercio Gallego e El Censor da Coruña. Fundou con Salvador Golpe El Clamor de Galicia e Unión Gallega e foi redactor de El Diario de Galicia. Foi secretario do concello de Oza dos Ríos dende 1884El Diario de Lugo, 30-3-1884, p. 3.. Finou na Coruña aos 74 anos.
Obras Pontevedra y sus cercanías, 1880. Guía indicador de La Coruña y Galicia para 1890-1891, 1890.
Vida persoal Casou con Amalia Álvarez Rodríguez e foi pai de Josefa (1871) e dos xornalista Robustiano (1874) e Bernardo Faginas Álvarez (1876).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Finados en 1913 Categoría:Nados en 1842 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos