Augusto Escarpizo Lorenzana, nado na localidade de Otero de Escarpizo, no concello de Villaobispo de Otero (León) e finado en Xaén en setembro de 1906,Necrolóxica en La Correspondencia Gallega, 29-9-1906, p. 3. foi un farmacéutico e xornalista español.
Traxectoria Funcionario da Administración pública, farmacéutico e perito agrimensor. Instalouse en Pontevedra como farmacéutico e despois foi oficial da Delegación de Facenda (1866). En Pontevedra foi redactor de El Alerta e dirixiu o semanario La Revista (1867-1868) e o periódico La Crónica (1872). En 1878 formaba parte da xunta local de primeiro ensino de Cangas de Morrazo. En 1893 publicou en Pontevedra Geografía astronómica, física y política de la Provincia de Pontevedra. Mercou unha botica e instalouse en Vigo na última década do século XIX. En 1900 foi nomeado oficial da Delegación de Facenda de Cuenca,El Diario de Pontevedra, 29-11-1900, p. 2. e despois trasladouse co mesmo posto a Xaén.
Recoñecementos
Recibiu a Cruz de Carlos III. Vida persoal Casou con Elisa Couto Salcedo e foi pai de Augusto e Sara Escarpizo Couto (Sarah Lorenzana).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Villaobispo de Otero Categoría:Finados en 1906 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en ano descoñecido