San Pedro de Filgueira de Barranca é unha parroquia que se localiza no concello de Oza Cesuras. Segundo o IGE en 2017 tiña 127 habitantes (70 mulleres e 57 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 161 habitantes.

Cultura Topónimo Filgueira de Barranca é un topónimo latino cunha parte que é un fitotopónimo que fai referencia aos lugares con moitos fieitos, ou filgueiras. A súa orixe dáse entre o século X e XIII.

Patrimonio Conta, no igrexario, cunha capela románica do século XII reconstruída. Tamén existe no monte de San Gregorio un santuario do século XIII, que serviu de refuxio ao guerrilleiro Foucellas.

Galería

Lugares e parroquias Lugares de Filgueira de Barranca

Parroquias de Oza Cesuras

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Oza Cesuras

Categoría:Parroquias de Oza Cesuras Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía