O ratiopharm Ulm é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Ulm, Baden-Württemberg. O club posúe dous equipos, un profesional que xoga na Basketball Bundesliga, máxima categoría do baloncesto xermano, e outro xuvenil que xoga na NBBL (Nachwuchs Basketball-Bundesliga). O pavillón onde xoga os seus partidos como local é o Arena Ulm/Neu-Ulm, que ten capacidade para 6 000 espectadores. Desde a súa fundación o club está patrocinador pola compañía farmacéutica Ratiopharm.
Historia O club foi fundado no ano 2001 despois de que o anterior equipo da cidade de Ulm, o SSV Ulm 1846, se declarara insolvente e deixara a liga. Tras xogar na segunda división durante cinco anos, o equipo ascendeu á Basketball Bundesliga en 2006.
Na tempada 2011-12 rematou na segunda posición por detrás do Brose Baskets. Ambos os dous equipos chegaron á final dos playoffs, onde o Brose Baskets resultou gañador, tras levarse a serie por 3-0. Á tempada seguinte, rematou a tempada regular na terceira posición e chegou a semifinais dos playoffs.
Temporadas TempadaDivisiónLigaPosiciónPlayoffsCopaCompeticións europeas2001–022 2. BBL7 – – –2002–032 2. BBL3 – – –2003–042 2. BBL2 – – –2004–052 2. BBL2 – – –2005–062 2. BBL1Ascenso – –2006–071 BBL12 – – –2007–081 BBL12 – – –2008–091 BBL5Cuartofinalista – –2009–101 BBL13 – – –2010–111 BBL14 – – –2011–121 BBL2Subcampión Terceiro lugar –2012–131 BBL3SemifinalistaSubcampión Cuartos de final da Eurocup2013–141 BBL6CuartofinalistaSubcampiónOitavos de final da Eurocup2014–151 BBL5SemifinalistaCuartofinalista – 2015–161 BBL7Subcampión –Last 32 da Eurocup2016–171 BBL1SemifinalistaCuartofinalistaTop 16 da Eurocup2017–181 BBL10 – Terceiro lugarLiga regular da Eurocup2018–191 BBL6 Cuartos de final OitavofinalistaTop 16 da Eurocup2019–201 BBL10SemifinalistaSemifinalista Eurocup (cancelada) 2020–211 BBL6SemifinalistaSemifinalistaLiga regular da Eurocup
Xogadores Destacados
Stephen Arigbabu Christian Ast Robin Benzing Sebastian Betz Mike Knoerr Jens Kujawa Tim Ohlbrecht Daniel Theis Konrad Wysocki Chris Babb Kyle Bailey John Bryant Deonte Burton Will Clyburn Brian Cusworth Bo Dukes Jeff Gibbs Luke Harangody Trent Plaisted Abdul Shamsid-Deen Jarvis Walker Olivier Bourgain Fannar Ólafsson Jeff Kent Alon Stein Ray Carter
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Datos do club en Euroleague.net Datos do club en Eurobasket.com
Ratiopharm Ulm