Valentín Briones Rey, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de outubro de 1889, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
Fillo de Valentín Briones Manteca e Juana Rey Barreiro. Foi rexente da fonda La Argentina e despois propietario do Balneario La Concha de Arosa e a fábrica La Caneda de Vilagarcía de Arousa. Formou parte da Juventud de Defensa de Vilagarcía encabezada en 1918 por Laureano Gómez Paratcha que editaba o periódico Heraldo de Arosa, e foi concelleiro en 1922. Foi presidente do Recreo Liceo en 1924. Coa chegada da Segunda República foi elixido concelleiro e segundo tenente de alcalde. Destituído polo Gobernador civil en agosto de 1934, foi reposto no cargo o 8 de xaneiro de 1936 e logo da renuncia de Elpidio Villaverde a ocupar o cargo, foi elixido alcalde o 19 de xaneiro.El Pueblo Gallego, 21-1-1936, p. 13. Ocupou o cargo ata o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Detido o 10 de agosto, conducírono á prisión de Pontevedra o 22 de outubro. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por rebelión militar o 21 de novembro con Luis Pando Rivero, Manuel Oubiña López, Jesús Villaverde Rey, José Otero Lago, Román Mondragón Cores, Ángel Navia Cores e Román Torrado Torrado, foi condenado a cadea perpetua.El Pueblo Gallego, 22-11-1936, p. 3. Estivo preso no campo de concentración da illa de San Simón e trasladárono ao forte de San Cristovo de Pamplona en febreiro de 1937. Volvérono trasladar á illa de San Simón en febreiro de 1939.
Vida persoal
Casou en 1928 con Carmen Gómez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en memoria da Coruña
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Alcaldes de Vilagarcía de Arousa Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en ano descoñecido