O Gran Premio do Xapón de Fórmula 1 de ,no Xapón, o nome formal desta carreira de Fórmula Un non é "Gran Premio do Xapón", é "Campionato do Mundo de Fórmula 1 no Xapón" (F1世界選手権・イン・ジャパン), debido a que a carreira do Campionato xaponés de Fórmula 2000 fora nomeado "Gran Premio do Xapón" en 1976. celebrouse en Fuji o 24 de outubro de 1976. Como nota curiosa da carreira anunciouse que a volta máis rápida a establecera Masahiro Hasemi na volta 25, pero foi un erro de medición, e, varios días máis tarde, o circuíto emitiu un comunicado de prensa para corrixir o titular da volta máis rápida da carreira, foi Jacques Laffite cun tempo de 1:19.97 na volta 70. Esta versión foi coñecida de inmediato no Xapón, e a Federación Xaponesa do Automóbil (JAF) e os medios de comunicación xaponeses corrixiron o rexistro. Pero esta corrección non se coñecía fóra do Xapón, polo tanto, Hasemi foi tratado como o posuidor do récord de volta rápida da carreira en moitos libros de récords incluíndo a páxina web oficial da Fórmula 1.

Informe

O Campionato do Mundo de 1976 íase a decidir no circuíto de Monte Fuji, con Niki Lauda só tres puntos por diante de James Hunt logo dunha tempada chea de incidentes, incluíndo accidente case fatal de Lauda en Nürburgring e a perda posterior de carreiras.

Mario Andretti logrou a pole position no Lotus 77 con Hunt no segundo lugar e Lauda terceiro. Logo veu John Watson, Jody Scheckter, Carlos Pace, Clay Regazzoni e Vittorio Brambilla. O top 10 foi completado por Ronnie Peterson e Hasemi.

O día da carreira, o tempo era moi húmido coa néboa e a auga correndo, en varios puntos da pista. Houbo intensos debates en canto a si debíase iniciar a carreira, ao final os organizadores decidiron seguir adiante aínda que a maioría dos pilotos non estaban de acordo. Algúns pilotos, incluíndo Niki Lauda, non estaban contentos coa decisión.

James Hunt tomou a dianteira desde o principio con John Watson e Mario Andretti atrás. Na segunda volta, Watson saíuse por unha vía de escape e Lauda entrou co coche a boxes para retirarse, xa que cría que as condicións climáticas facían a pista demasiado perigosa. Máis tarde dixo "a miña vida vale máis que un título". Larry Perkins tomou unha decisión similar logo dunha volta como o fixeron Carlos Pace e Emerson Fittipaldi posteriormente na carreira.

Hunt seguiu á fronte, detrás del o segundo lugar alternábase entre Andretti e Brambilla. Na volta 22 Brambilla loitaba polo liderado, pero trompeou. Jochen Mass tomou o segundo lugar, o que prometía un 1-2 de McLaren pero estrelouse na volta 36 e así Patrick Depailler subiu ao segundo lugar con Andretti terceiro.

Parecía unha vitoria fácil para Hunt, pero a medida que a pista comezou a secarse empezou a perder posicións. Só necesitaba un cuarto posto para gañar o título, debido á retirada de Lauda. Na volta 62 Hunt quedou atrás de Depailler e Andretti, pero dúas voltas máis tarde o pneumático traseiro esquerdo de Depailler comezou a desinflarse e tivo que entrar en boxes. Andretti púxose por diante, pero daquela Hunt tivo un problema similar nos pneumáticos. Hunt entrou en boxes, caeu ao quinto lugar por detrás de Andretti, Alan Jones, Regazzoni e Depailler. Depailler superou aos dous pilotos na volta 70 e na seguinte volta Hunt fixo o mesmo rematando terceiro e gañando o Campionato do Mundo de Pilotos, para a súa sorpresa.

Ferrari gañou o campionato mundial de construtores a pesar da retirada de Lauda.

Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 5 Mario Andretti Lotus-Ford 73 1:43:58.86 1 9 2 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 72 + 1 volta 13 6 3 11 James Hunt McLaren-Ford 72 + 1 volta 2 4 4 19 Alan Jones Surtees-Ford 72 + 1 volta 20 3 5 2 Clay Regazzoni Ferrari 72 + 1 volta 7 2 6 6 Gunnar Nilsson Lotus-Ford 72 + 1 volta 16 1 7 26 Jacques Laffite Ligier-Matra 72 + 1 volta 11 8 24 Harald Ertl Hesketh-Ford 72 + 1 volta 22 9 18 Noritake Takahara Surtees-Ford 70 + 3 voltas 24 10 17 Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 69 + 4 voltas 15 11 51 Masahiro Hasemi Kojima-Ford 66 + 7 voltas 10 Ret 3 Jody Scheckter Tyrrell-Ford 58 Temperatura 5 Ret 21 Hans Binder Wolf-Williams-Ford 49 Roda 25 Ret 16 Tom Pryce Shadow-Ford 46 Potencia 14 Ret 9 Vittorio Brambilla March-Ford 38 Eléctrico 8 Ret 34 Hans Joachim Stuck March-Ford 37 Eléctrico 18 Ret 12 Jochen Mass McLaren-Ford 35 Accidente 12 Ret 28 John Watson Penske-Ford 33 Motor 4 Ret 52 Kazuyoshi Hoshino Tyrrell-Ford 27 Pneuma. 21 Ret 20 Arturo Merzario Wolf-Williams-Ford 23 Caixa de cambios 19 Ret 30 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 9 Retirado 23 Ret 8 Carlos Pace Brabham-Alfa Romeo 7 Retirado 6 Ret 1 Niki Lauda Ferrari 2 Retirado 3 Ret 7 Larry Perkins Brabham-Alfa Romeo 1 Retirado 17 Ret 10 Ronnie Peterson March-Ford 0 Motor 9 NTS 21 Masami Kuwashima Wolf-Williams-Ford NSC 54 Tony Trimmer Maki-Ford

Niki Lauda e James Hunt chegaron a esta carreira coa oportunidade de gañar o título. Lauda (68 pts) necesitaba: Ser primeiro Ser 2º ou 3º con Hunt 2º ou pior Ser 4º ou 5º con Hunt 3º ou pior Ser 6º con Hunt 4º ou pior Hunt 5º ou pior Hunt (65 pts) necesitaba: Ser primeiro Ser 2º con Lauda 4º ou pior Ser 3º con Lauda 6º ou pior

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 James Hunt 69 2 Niki Lauda 68 3 Jody Scheckter 49 4 Patrick Depailler 39 5 Clay Regazzoni 31

Clasificación no campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Ferrari 83 2 McLaren-Ford 74 (75) 3 Tyrrell-Ford 71 4 Lotus-Ford 29 5 Penske-Ford 20

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 7 mellores resultados das primeiras 8 roldas e os 7 mellores resultados das últimas 8 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.

Notas

Véxase tamén

Xapón Categoría:Gran Premio do Xapón de Fórmula 1