A Barquiña é un lugar da parroquia de San Cosme de Outeiro no concello coruñés de Outes, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 11 habitantes (7 homes e 4 mulleres). Porto No lugar conta cun pequeno porto con embarcadoiro e pantalán. O antigo peirao está próximo e está incluído no inventario da dirección xeral de patrimonio co código OC-03. Está integrado por unha serie de muros que cumprían as funcións de dique de abrigo. O que se conserva é a base de perpiaños, e con moita deterioración. Tamén existía no lugar un antigo estaleiro de ribeira con peirao, catalogado como OC 12 e que ardeu en 2024.
Lugares e parroquias Lugares de San Cosme de Outeiro
Parroquias de Outes
Notas
Categoría:Lugares de Outes