Catubodua (protocelta Katubodwā, "corvo de batalla")Dottin (1920), pp. 235-244 é o nome dunha deusa celta da guerra da que se ten coñecemento por unha inscrición atopada no departamento francés de Alta Savoia, no leste de Francia que di ATHVBODVAE AVG SERVILIA TERENTIA S L M e por outras tres inscricións relacionadas, atopadas en Austria e Eslovenia.

Semella que o seu culto é idéntico ó da deusa da mitoloxía irlandesa Badb Catha. Nicole Jufer e Thierry Luginbühl relacionaron Catubodua con outras deusas marciais como Boudina, Bodua e Boudiga, cuxos nomes comparten a mesma raíz, que significa "liorta, combate" ou "vitoria".Jufer & Luginbühl (2001) Pode compararse á Vitoria romana, á Niké grega e coa Sigyn nórdica.

Lenda romana Unha anécdota das guerras entre galos e romanos durante o século IV a.C. recollida por Tito Livio, Aulo Gellio e Dionisio de Halicarnaso podería facer referencia a esta deusa. Daquela, un oficial romano chamado Marco Valerio, estaba a servir como tribuno militar no exército do cónsul Lucio Furio Camilo na campaña contra os galos. Un guerrero galo de enorme tamaño desafiou a calquera romano para se enfrontaren en combate singular. O desafío foi aceptado por Valerio despois de obter o permiso do cónsul, e ao comezar o combate, un corvo pousouse sobre o casco de Valerio e, cada vez que o galo atacou, o corvo botouse sobre a cara do galo ata que, finalmente, foi morto por Valerio. Na batalla posterior, os galos foron totalmente derrotados e o o cónsul regaloulle dez bois e unha coroa de ouro. O pobo romano, en agradecemento, elixiuno en ausencia cónsul para o seguinte ano, cando tiña tan só vinte e tres anos de idade e Valerio adoptou o alcume de Corvus (Corvo) e se converteu nun famoso xeneral e político da República romana.

Esta historia lembra, tamén, a morte do heroe irlandés do Ulster Cúchulainn que Morrigan, con forma de corvo, presenza sobre pousado sobre o seu ombreiro.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Deusas galas Categoría:Deusas da guerra