Norberto Velázquez Moreno, nado en Ortigosa de Cameros (A Rioxa) o 6 de xuño de 1768 e finado en Vigo o 12 de outubro de 1852, foi un empresario e comerciante rioxano residente en Galicia.
Traxectoria Instalouse en Vigo dende finais do século XVIII, sendo o seu primeiro negocio un muíño de vento, sumándose máis tarde á actividade da salgadura dos empresarios cataláns no Areal.
Por Real Ordenanza de 6 de xuño de 1838,Xosé Manuel Pereira, El lazareto de San Simón Diario de Pontevedra . da súa man, procedeuse a habilitar e acondicionar o arquipélago de San Simón para convertelo en 1842As "Illas de San Simón e San Antonio" Museo do Mar de Galicia. nunha leprosería ou lazareto, para o que adiantou cartos.
Construíu varios edificios en Vigo, entre eles o primeiro teatro de Vigo, en 1832 na actual Praza da Princesa, que funcionaría ata 1880. Fixo escolas públicas e unha casa de baños na Laxe.
Amigo de Nicolás Taboada Leal. Foi Xuíz Ordinario (alcalde) accidental e rexedor (concelleiro), chegando a ser o segundo home máis rico de Vigo, tan só por detrás do Marqués de Valladares.
En posesión da Cruz de Carlos III, o 14 de abril de 1906 o concello dedicoulle o nome dunha rúa da cidade e en 1924 trasladáronse os seus restos ao panteón de vigueses ilustres do cemiterio de Pereiró.
Vida persoal
Casado en primeiras nupcias no ano 1790 con María Concepción Varela de Albín y Posse e en segundas nupcias no ano 1824 con Josefa Coppa Pastera. Foi pai de Norberto Velázquez Coppa e avó de Norberto Velázquez Barrio, ambos alcaldes de Vigo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Calzada Terrados, Blas "Industrioso emprendedor y mecenas del teatro" Crónicas de otro Vigo .
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Nados na Rioxa Categoría:Nados en 1768 Categoría:Finados en 1852