El Sobroso foi un periódico editado en San Martiño de Vilasobroso (Mondariz) entre 1931 e 1933.
Historia e características
Subtitulado Periódico de la República, apareceu o 6 de setembro de 1931. Foi fundado por Alejo Carrera Muñoz, José Estévez Alfaya e Ramiro Vidal Carrera. De periodicidade mensual, distribuíase pola bisbarra e na colonia de sobroseños de Lisboa. Cesou a súa publicación o 1 de febreiro de 1933.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas El Sobroso (Periódico de la República)
Categoría:Prensa escrita de Mondariz
Categoría:1931 en Galicia