Prochlorococcus é un xénero de cianobacterias oceánicas moi miúdas (0.6 µm) e cunha pigmentación por clorofila b, que é pouco habitual. Estas bacterias pertencen ao picoplancto fotosintético e son probablemente os organismos fotosintetizadores máis abundantes da Terra. Os microorganismos do xénero Prochlorococcus''' están entre os principais produtores primarios do océano e responsables do 50% do osíxeno atmosféricoMunn, C. Marine Microbiology: ecology and applications Second Ed. Garland Science, 2011.. A análise de 12 secuencias xenómicas desta especies mostran que hai 1100 xenes en común en tódalas liñas e que o tamaño medio do xenoma é de 2000 xenes. Contrapóñase isto ao feito de que en algas eucariotas hai arredor de 10000 xenes.

Descuberta Malia que se tiñan dado varias análises anteriores onde se informaba de cianobacterias de pequeno tamaño con clorofila-b nos océanos, Prochlorococcus identifícaa no ano 1986 Sallie W. (Penny) Chisholm do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, Robert J. Olson do Woods Hole Oceanographic Institution e outros colaboradores do mar dos Argazos empregando a citometría de fluxo. O primeiro cultivo do Prochlorococcus fíxose primeiro no mar dos Argazos no 1988 e despois no mar Mediterráneo. O nome de Prochlorococcus foi asignado por se pensar de primeiras que había unha relación co Prochloron e outras bacterias que conteñen ca clorofila-b, as que se designan como proclorófitos. Arestora sábese que os coñecidos como proclorófitos son parte, dentro do subgrupo das cianobacterias, de tres grupos de filoxenéticos separados.

A única especies descrita ata o de agora do xénero é Prochlorococcus marinus.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

.

Ligazóns externas

The Most Important Microbe You've Never Heard Of: NPR A historia do Prochlorococcus Información xenómica de Prochlorococcus marinus: National Center for Biotechnology Information''.

Categoría:Cianobacterias Categoría:Bioloxía Categoría:Microbioloxía