The Gray Race é o noveno álbum da banda estadounidense de punk rock Bad Religion, publicado o 27 de febreiro de 1996 a través do selo Atlantic Records. Trátase da continuación do disco máis exitoso do grupo, Stranger Than Fiction, editado en 1994.
Este foi o primeiro álbum da banda gravado sen o guitarrista orixinal Brett Gurewitz, e a primeira edición con Brian Baker, que o substituíra durante a xira do Stranger Than Fiction. Aínda que non tivo tanto éxito como o seu predecesor, The Gray Race acadou un modesto éxito cando a MTV emitiu un anuncio do disco tras o seu lanzamento. O álbum foi reeditado por Epitaph Records o 15 de setembro de 2008.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Bad Religion Categoría:Álbums musicais de 1996 Categoría:Álbums producidos por Ric Ocasek Categoría:Álbums de Atlantic Records