A breca (Pagellus erythrinus) é un peixe da familia dos espáridos, moi común no mar Mediterráneo.
Morfoloxía Ten un corpo ovalado e algo esmagado lateralmente. Na cabeza ten unha boca moi pequena e uns ollos de menor tamaño que os doutros peixes do mesmo xénero, sendo a boca maior que o diámetro do olloMuus, B.J. and J.G. Nielsen, 1999 Sea fish. Scandinavian Fishing Year Book, Hedehusene, Denmark. 340 p. -isto distíngueo doutras especies do xénero-. É de cor gris cunha tonalidade vermella sobre todo polo lombo. Nunca con bandas nin raiado, aínda que lle poden aparecer bandas cando está asustado.
Un exemplar típico pode medir entre 1 e 3 dm de lonxitude, pero describíronse casos de adultos que alcanzan os 6 dm e 3,2 kg.Bauchot, M.-L. and J.-C. Hureau, 1986 Sparidae. p. 883-907. In P.J.P. Whitehead, M.-L. Bauchot, J.-C. Hureau, J. Nielsen and E. Tortonese (eds.) Fishes of the north-eastern Atlantic and the Mediterranean. volume 2. UNESCO, Paris. Presenta unha ducia de espiñas na aleta dorsal e unhas 3 espiñas na aleta anal.
Hábitat e bioloxía Distribúese pola costa leste do océano Atlántico desde o mar do Norte até Cabo Verde, presente nos arquipélagos das Canarias, Azores e Madeira, sendo típico tamén de todo o mar Mediterráneo.Sanches, J.G., 1991 Catálogo dos principais peixes marinhos da República de Guiné-Bissau. Publicações avulsas do I.N.I.P. No. 16. 429 p.
Atópase desde augas moi próximas á costa, en diversos tipos de fondo -rochas, grava, area ou algas- onde adoita vivir en pequenos grupos, aínda que en inverno desprázase a augas profundas de até os 200 m de profundidade no Mediterráneo ou os 300 m no Atlántico.
A breca é hermafrodita secuencial protoxino, pasando os seus dous primeiros anos de vida reproducíndose como unha femia, para a partir do terceiro ano ser un macho cando superan uns 17 cm de lonxitude.
É un peixe omnívoro, pero aliméntanse preferentemente de animais, como pequenos peixes e invertebrados da zona bentónica.Bauchot, M.-L. and J.C. Hureau, 1990 Sparidae. p. 790-812. In J.C. Quero, J.C. Hureau, C. Karrer, A. Post and L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisbon; SEI, Paris; and UNESCO, Paris. Vol. 2.
Pesca e gastronomía É un peixe popular nos países do Mediterráneo, cunha delicada carne branca, con importante presenza nos mercados, aínda que dun prezo intermedio. Acostúmase pescar con rede ou con anzol.
Non é de todo inofensivo, describíronse casos de envelenamento por ciguateira.Halstead, B.W., P.S. Auerbach and D.R. Campbell, 1990. A colour atlas of dangerous marine animals. Wolfe Medical Publications Ltd, W.S. Cowell Ltd, Ipswich, England. 192 p.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Base de datos en FishBase Información en MaestroPescador Fotografías de breca en: Fishbase Sistemática de breca en: ITIS (Sistema Integrado de Información Taxonómica)
Categoría:Pagellus Categoría:Animais descritos en 1758