Orense Nuevo foi un semanario que se editou en Ourense entre 1910 e 1911.
Historia e características Subtitulado Semanario Republicano Radical, apareceu en decembro de 1910. Periódico republicano vencellado ao Partido Radical, estaba promovido por Amado Garra. Estivo dirixido por Juan Contreras Lobit, que foi substituído en febreiro de 1911 por José Marcos. Enfrontado con El Bombo, foi denunciado en agosto de 1911, e en novembro foi desautorizado como órgano do Partido Radical. Cesou a súa publicación en decembro de 1911.La Correspondencia de España, 23-11-1911, p. 3.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense
Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:1910 en Galicia Categoría:Prensa republicana