A Convergencia Democrática de Castilla y León (Converxencia Democrática de Castela e León en galego) (CDCL), foi un partido rexionalista de Castela e León que defendía a autonomía castelán-leonesa, dentro da unidade de España e en igualdade de condicións e dereitos có resto das demais rexións que compoñen a Nación Española. Fundouse por antigos membros do CDS. De acordo coa tradición comuneira de Liberdade e xustiza Social, a CDCL, era un partido de masas, democrático, foral, humanista e de centro progresista.
Os membros de CDCL e a antigos membros do CDS se uniron á Unidad Regionalista de Castilla y León (URCL) para formaren unha coalición chamada Democracia Regionalista de Castilla y León, que participa nas elección autonómicas e municipais de 2015 na devandita comunidade autonóma.
Notas
Categoría:Forzas políticas de Castela e León Categoría:Partidos políticos de España Categoría:Rexionalismo castelán-leonés