Gunnar Nilsson, nado en Helsingborg o 20 de novembro de 1948 e finado en Londres o 20 de outubro de 1978, foi un piloto Sueco.
Traxectoria Antes de entrar na Fórmula 1, gañou o Campionato Británico de Fórmula Tres de 1975. Nilsson participou en 32 carreiras de Fórmula Un, clasificándose para todos eles. Gañou unha carreira, o Gran Premio de Bélxica de 1977, batendo a Niki Lauda e a Peterson, pero, a partir de entón, a súa condución perdeu garra a enfermidade comezara a atenazarlle. Ao detectar as súas cefaleas, o seu compañeiro de equipo en Lotus Mario Andretti aconselloulle unha urxente revisión médica, aínda que xa era tarde. Sen resignarse a un final sen esperanza, Nilsson fichou en , por Arrows, pero nunca estivo o suficientemente ben como para pilotar o coche. Competiu en tres carreiras International Race of Champions (IROC) en 1978. Acadou dous sextos lugares e un quinto posto.
Caeu en coma en outubro e morreu un mes antes de cumprir os 30 anos. Ronnie Peterson avantaxoulle en 39 días en cruzar a meta final. Nilsson quixo contribuír a portar o ataúde do seu antigo heroe, pero o seu estado xa non llo permitía e, cariñosamente, James Hunt e Emerson Fittipaldi tiveron que disuadilo.
Nos últimos meses, Nilsson perdera 30 kg de peso e todo o pelo, a causa do tratamento de quimioterapia, pero conservou o ánimo, traballou persoalmente nunha fundación contra o cancro (para a que recadou preto dun millón de dólares) e anunciou que se reintegraría ao Gran Circo da fórmula 1 en 1979. Nos seus últimos días negouse a ser drogado e afrontou o final con completa lucidez.
Morreu de cancro testicular en Londres en 1978. Logo da súa morte, a súa nai, Elisabeth Nilsson, creou o Fundación Gunnar Nilsson contra o cancro.
Gunnar Nilsson está enterrado no cemiterio Pålsjö en Helsingborg, Suecia, preto dos seus pais Arvid e Elisabeth Nilsson.
Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos Puntos John Player Team Lotus Lotus 77 Cosworth V8 BRA RSARet USWRet ESP3 BELRet MONRet SWERet FRARet RURet ALE5 AUT3 NEDRet ITA13 CAN12 USARet XPN6 10º 11 John Player Team Lotus Lotus 78 Cosworth V8 ARXNTS BRA5 RSA12 USW8 ESP5 MONRet BEL1 SWE19 FRA4 RU3 ALERet AUTRet NEDRet ITARet USARet CANRet XPNRet 8º 20
Notas
Ligazóns externas
Gunnar Nilsson article on The Speed Blog The Gunnar Nilsson Cancer Foundation
Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Suecia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lotus Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Helsingborg Categoría:Finados en 1978