Parque Ferrol é un centro comercial de 20.000 metros cadrados situado no Boial, Ferrol. Foi construído por Santiago Sur Galicia e tivo un custo de 50 millóns de euros .
Descrición O centro comercial foi construído a carón da autoestrada AP-9 en Santa Icía de Trasancos, preto do límite municipal con Narón. A nova zona do Boial foi urbanizada primeiramente cunha urbanización de chalés e máis tarde coas tendas de Media Markt ou Brico Depot.
A inauguración de Parque Ferrol tivo lugar o 6 de novembro de 2013 ás 19:30 horas. Asistiron persoeiros do sector empresarial e representantes da vida política así como o sacerdote diocesano de Santiago de Compostela, José Manuel Guldrís, quen bendiciu o complexo. O centro comercial inaugurouse con 18 tendas abertas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de Parque Ferrol .
Categoría:Centros comerciais de Galicia Categoría:Ferrol