O lourentino ou folladoNomes vulgares galegos en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; e Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta, 1991 (Viburnum tinus) é unha especie fanerógama pertencente ao xénero dos viburnos, á familia Adoxaceae. miniatura|240px|Ilustración miniatura|240px|Vista da planta a rosear miniatura|Viburnum tinus

Descrición É un arbusto que pode medrar coma unha pequena árbores. Ten follas opostas, grandes e largas, relativamente duras e brillantes pola face; a marxe das follas é enteira e suavemente pubescente. As flores son pequenas e brancas, atópanse agrupadas en inflorescencias que semellan umbelas. Con estes caracteres non se pode confundir con outros arbustos da nosa flora.

Hábitat e distribución Distribúese pola rexión mediterránea. Na Península Ibérica atópase en levante e no sur, principalmente en bosques de aciñeiras, sendo raro en Galiza, onde é frecuente coma planta ornamental, xa nomeada con este uso en xardinaxe no século XIX por Marcial Valladares Núñez e Juan Cuveiro Piñol co nome de laureola (non confundir co trobisco de montaña (Daphne laureola).

É unha planta de zonas sombrizas e húmidas, propia dos aciñeirais. Nas Canarias adóitase atopar nos bosques de laurisilva.

Propiedades Ten propiedades medicinais. Os principios activos son a viburnina e mais os taninos. Os taninos poden provocar molestias estomacais. As follas en infusión teñen propiedades antifebrífugas. Os froitos téñense utilizado coma purgantes contra o estrinximento. A tintura do lourentino estase utilizando ultimamente en fitoterapia coma un remedio contra a depresión.

Taxonomía Viburnum tinus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 267–268. 1753. Etimoloxía Viburnum: nome xenérico do nome clásico latino dunha especie deste xénero, Viburnum lantana, chamada a "árbore camiñante".En Nombres Botánicos

tinus: epíteto sinonimia Viburnum rigidum Vent. Viburnum rugosum Pers. Viburnum strictum Link Viburnum tinus subsp. rigidum (Vent.) P.Silva Viburnum tinus subsp. subcordatum (Trel.) P.Silva Viburnum tinus subsp. tinus L. Viburnum tinus var. hirtum Aiton Tinus lucidus J.Presl Tinus lauriformis J.Presl Tinus laurifolius Borkh. in Roem. Viburnum lauriforme Lam. Viburnum hyemale Salisb.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Viburno (xénero)

Ligazóns externas

Categoría:Viburnum Categoría:Arbustos Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Taxons descritos por Linné