Ensis minor é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos fáridos.
A especie foi definida en 1843 polo naturalista francés Jean-Charles Chenu na súa obra, publicada en 4 volumes entre 1842 e 1854, Illustrations conchyliologiques, ou description et figures de toutes les coquilles connues, vivantes et fossiles. París: Fortin, Masson, Langlois & Leclercq.
Chenu describiuna inicialmente como unha variedade da especie Ensis siliqua, Ensis siliqua var. minor, pero máis tarde déuselle a categoría de especie independente.
Non debe ser confundida coa especie homónima Ensis minor Dall, 1899, que habita a costa atlántica dos EEUU, e que foi recentemente renomeadaVierna, J., Cuperus, J., Martínez‐Lage, A., Jansen, J. M., Perina, A., Van Pelt, H., e González‐Tizón, A. M. (2013). "Species delimitation and DNA barcoding of Atlantic Ensis (Bivalvia, Pharidae)". Zoologica Scripta. doi:10.1111/zsc.12038.. Distribución É unha especie común no océano Atlántico nororiental, incuído o mar Mediterráneo.Ensis minor (Chenu, 1843) no WoRMS.
Características Moi semellante a Ensis siliqua, distínguese polo seu menor tamaño, polo extremo posterior hexagonal da cuncha e pola impresión muscular.Rolán e Otero (1966), p. 2389. A cuncha é bastante ampla, cos bordos rectos ou, máis raramente, curvos, paralelos ou case paralelos. O extremo posterior é aproximadamente da mesma amplitude que o anterior. A abertura posterior é estreita, co contorno máis ou menos comprimido. A cuncha presenta esculturas de finas liñas concéntricas, tras os incrementos de crecremento.Ensis minor en Marine Species.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ardovini, R. & Cossignani, T. (2004): West African seashells (including Azores, Madeira and Canary Is.) = Conchiglie dell'Africa Occidentale (incluse Azzorre, Madeira e Canarie). English-Italian edition. L'Informatore Piceno: Ancona, Italy. ISBN 88-86070-11-X. Gofas, S.; Le Renard, J. & Bouchet, P. (2001): "Mollusca", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 180–213. ISBN 2-85653-538-0. Montero Agüera, I. (1971): Moluscos bivalvos españoles. Sevilla: Publicaciones de la Universidad de Sevilla, 5. Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1. Vierna, J., Cuperus, J., Martínez‐Lage, A., Jansen, J. M., Perina, A., Van Pelt, H., e González‐Tizón, A. M. (2013). "Species delimitation and DNA barcoding of Atlantic Ensis (Bivalvia, Pharidae)". Zoologica Scripta. doi:10.1111/zsc.12038.
Outros artigos Bivalvos Veneroides Solenoideos Lista de bivalvos de Galicia
Categoría:Veneroideos Categoría:Moluscos de Galicia