miniatura miniatura|Acer negundo
O pradairo negundo ou simplemente negundoTermos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 (Acer negundo), é unha especie de árbore cadicifolia da familia Sapindaceae nativa de América do Norte.
En Galiza aparece coma ornamental en parques urbanos e arboredos.
Descrición Este pradairo é unha arboriña, usualmente non moi lonxeva que non soprepasa os 10 a 20 m de alto, cun diámetro de 30 a 50 cm, raramente de máis de 1 m. Os talos son verdes, cunha cera rosa ou violeta cando son novos. En troques doutros pradairos (con follas palmadas) o negundo ten follas pinnadas con cinco (ás veces tres ou sete) folíolos; as follas teñen de 12 a 25 cm de lonxitude, con cada folíolo de 6 a 10 cm e 3 a 7 cm de largo. Ningún outro pradairo ten máis de tres folíolos. Os folíolos teñen os bordos aserrados e son asimétricos na base da folla. As flores son miúdas con pétalos, de 10 a 30, xuntos nun acio pénsil, de 1 a 2 dm de longo, que aparece cedo na primavera. As sementes son disámaras, 1 a 2 cm de longo, con ás de 2 a 3 cm incurvadas; esparéxanse e caen polo outono, ou fican na árbore durante o inverno. Distinto a outros pradairos, é unha árbore dioica.
Distribución Aparece orixinariamente dende o Canadá até Guatemala polo sur. Introducido e cultivado noutras partes do mundo. En Europa, onde foi introducido en 1688, plántase hoxe en día pola súa resistencia á polución, rápido crecemento e carecer de toxicidade, tanto en reforestacións mineiras, zonas de tráfico e parques urbanos.
Hábitat A especie prefire terreos soleados e non calcarios. Pode medrar en lugares anegados e atura fríos de até -30 °C. É, polo tanto axeitado para o cultivo en Galiza.
Cultivo 3 usos Acer negundo, ao contrario ca en Europa, é raramente plantado coma unha árbore ornamental en América. A madeira é mala, a forma irregular e a mala xerminación das sementes fan que non sexa unha especie forestal de interese. Con todo ás veces a madeira emprégase coma fonte de fibra para pretensado.
Hai varios cultivares, incluíndo algunhas formas variegadas (follas verdes e brancas, incluso rosadas e amarelas) dispoñíbeis no mercado (viveiros).
En Galiza plántase en arboredos, xardíns urbanos e rúas das principais vilas.
Táxones infra-específicos Hai poucos aceptados dos numerosos descritos: a típica subespecie Acer negundo subsp. negundo, glabro (sen vilosidase), medra no sueste da Columbia Británica, leste a sueste de Ontario e de Nova Hampshire, e sur a leste de Nevada, Arizona, norte de México e sueste da Florida. a subespecie occidental ,Acer negundo subsp. californicum (Torr. & A.Gray) Wesm., con talos e follas pubescentes: unha poboación illada no Val Central de California. Acer negundo subsp. interius (Britton) Á.Löve & D.Löve Acer negundo subsp. mexicanum (DC.) Wesm.
Todos os demais son meras sinonimias da especie.
Sinonimia Acer californicum var. texanum Pax Acer fauriei H.Lév. & Vaniot Acer fraxinifolium Nutt. Acer fraxinifolium Raf. Acer lobatum Raf. Acer nuttallii (Nieuwl.) Lión Acer trifoliatum Raf. Acer violaceu (Booth ex G.Kirchn.) Simonk. Negundo aceroides var. violaceum G. Kirchn. Negundo aceroides subsp. violaceus (Booth ex G. Kirchn.) W.A.Weber Negundo fraxinifolium var. crispum Loudon Negundo fraxinifolium var. violaceum Booth ex Loudon Negundo negundo (L.) H.Karst. nom. invalid. Negundo texanum (Pax) Rydb. Rulac negundo'' (L.) Hitchc.Acer negundo en The Plant List Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Acer Categoría:Flora de América do Norte Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Plantas invasoras Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné