Palaemonentes amtennarius é unha especie de crustáceo decápodo carideo da familia dos palemónidos.

Taxonomía A especie foi descrita en 1837 por H. Milne Edwards en: Milne Edwards, H. (1834-1840): Histoire naturelle des Crustacés, comprenant l’anatomie, la physiologie et la classification de ces animaux. París: Librairie encyclopédique de Roret.

Distribución Palaemonentes amtennarius vive nos ríos, lagos e esteiros do dos países mediterráneos, desde Eslovenia, Italia e Croacia, polo oeste, até Turquía, polo leste (incluíndo Grecia e as súas illas máis grandes).Vive en ríos e lagos e, a pesar de ser unha forma típica de auga doce, tense observado en augas lixeiramente salobres.d'Udekem d'Acoz, C. (1999): "Inventaire et distribution des crustaces decapodes de l'Atlantique nord-oriental, de la Mediterranee et des eaux continentales adjacentes au Nord de 25° N". Museum national d'Histoire naturelle, Paris.

Estado de conservación e pesca

Conservación A súa presenza na zona é xeneralizada e, en ausencia de calquera das principais ameazas coñecidas, a UICN considera o status da especie como "LC" (pouco preocupante).Palaemonentes amtennarius na "Lista vermella! de especies ameazadas da UICN.

Pesca A especie é obxecto de pesca comercial no Mediterráneo e no mar Negro.

Nome galego

Os profesores F. Lahuerta e F. X. Vázquez propoñen para esta especie o nome de camarón das lagoas.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 223.

Os nomes noutros idiomas, segundo este autores son: Castelán: camarón lacustre Francés: bouquet des lagunes Inglés: pond shrimp Notas

Véxase tamén

Bibliografía Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0. Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos''. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.

Outros artigos Crustáceos Decápodos Carideos Palemónidos

Categoría:Carideos Categoría:Produtos da pesca