El Esquilón foi un semanario editado en Pontevedra en 1861.
Historia e características Subtitulado Periódico satírico-filfático, filarmónico y de intereses materiales, apareceu o 7 de abril de 1861. Publicábase os domingos. Dedicouse a promover críticas sociais. Foi o seu editor Eduardo Mella e o director Manuel Ángel Couto até a súa morte. Os redactores eran o propio Manuel Ángel Couto, Heliodoro Cid e Vicente Gregorio Aspa. Cesou a súa publicación en xuño dese ano.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1861 en Galicia