O camarón de MónacoLahuerta e Vázquez (2000), p. 223. (Lysmata seticaudata) é unha especie de crustáceo malacostráceo decápodo carideo da familia dos hipolítidos que habita nas costas do océano Atlántico, desde as illas Británicas até Marrocos, incluíndo as galegas, nas das illas Azores, Madeira e Canarias, e no Mediterráneo (mares de Alborán, Adriático, Xónico, Exeo, Negro e de Mármara).Lysmata seticaudata (Risso, 1816) no WoRMS.Lysmata seticaudata (Risso, 1816) no SIIT.

É obxecto de pesca comercial nalgunhas zonas do Atántico leste, o Mediterráneo e o mar Negro.

Taxonomía A especie foi descrita en 1816 polo naturalista nizardo Antoine Risso co nome de Palaemon cogngetii. Posteriormente foi reclasificada polo mesmo autor como Melicerta seticaudata, e actualmente está adscrita ao xénero Lysmata.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Costello, M. J. et al. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 284-289. ISBN 2-85653-538-0. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.

Outros artigos Carideos

Categoría:Carideos Categoría:Crustáceos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1816 Categoría:Produtos da pesca