Sergio Borrajo Palacín, nado en San Joaquín (Guatemala) en 1911 e finado en Vitoria o 14 de febreiro de 1979, foi un militar galego, asasinado por ETA.
Traxectoria Nado nunha granxa do sur de Guatemala no seo dunha familia da emigración galega, volveu aos oito anos coa familia para Galicia. Como militar, alistouse no bando nacional na guerra civil española e resultou gravemente ferido. Primeiro foi destinado en Galicia, logo en Madrid e en 1961 enviárono a Vitoria, xa co grao de tenente coronel. Alí encargábase da xestión financeira das mutualidades de guerra no goberno militar de Áraba, aínda que xa estaba oficialmente retirado. Un día ao regresar de traballar foi asasinado por un home que lle disparou no portal do seu edificio.
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Galegos asasinados por ETA Categoría:Galegos do País Vasco Categoría:Galegos de Guatemala Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Guatemala