Laura Augusta Gainor, nada en Filadelfia (Pensilvania) o 6 de outubro de 1906 e finada en Palm Springs (California) o 14 de setembro de 1984, foi unha actriz de cinema estadounidense.
Traxectoria Decidiu dedicarse á interpretación tras graduarse no instituto e por iso trasladouse desde San Francisco, onde se mudara cos seus pais, aos Ánxeles. Alí conseguiría finalmente traballo como actriz.
En 1928 converteuse na primeira actriz en gañar o Oscar, por tres filmes: Seventh Heaven, Sunrise e Street Angel.
Gaynor foi unha das poucas actrices destacadas do cinema mudo que seguiu triunfando no sonoro. Non obstante, tras casar co seu segundo marido, o deseñador de vestiario Adrian, en 1939, decidiu abandonar o cinema, desenvolvendo unha carreira coma pintora.
Finou en 1984, a causa das secuelas que tivo tras sufrir un grave accidente de coche dous anos antes.
Filmografía Ano Filme 1926 The Johnstown Flood1926 The Shamrock Handicap 1926 The Blue Eagle 1926 The Midnight Kiss 1926 The Return of Peter Grimm 1927 Two Girls Wanted 1927 Seventh Heaven 1927 Sunrise 1928 Street Angel 1928 4 Devils 1929 Lucky Star 1929 Happy Days 1929 Christina 1929 Sunny Side Up 1930 High Society Blues 1931 The Man Who Came Back 1931 Daddy Long Legs 1931 Merely Mary Ann 1931 Delicious 1932 The First Year 1932 Tess of the Storm Country 1933 State Fair 1933 Adorable 1933 Paddy the Next Best Thing 1934 Carolina 1934 Change of Heart 1934 Servants’ Entrance 1935 One More Spring 1935 The Farmer Takes a Wife 1936 Small Town Girl 1936 Ladies in Love 1937 Naceu unha estrela 1938 Three Loves Has Nancy 1938 The Young in Heart 1957 Bernardine
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores de Pensilvania Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1984