San Pedro de Corcoesto é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. No ano 2018 tiña 288 habitantes dos cales 136 eran homes e 152 eran mulleres segundo datos do IGE, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 390 habitantes e ao 1999 cando tiña 438 habitantes.
Xeografía miniatura|Protesta da Plataforma pola defensa de Corcoesto xunto a afectados doutras minas chegados dende Asturias. Corcoesto está bañada polos ríos Anllóns e o seu afluente o Lourido.
Nesta parroquia houbo explotacións mineiras auríferas xa durante a romanización de Galicia, estando activas as minas subterráneas de novo durante o século XIX.
miniatura|esquerda|Manifestación en Carballo contra o proxecto da mina no 2013.
A compañía mineira canadense Edgewater Exploration mercou os dereitos de explotación mineira na zona á empresa Narcea Gold Mines.En busca del oro gallego, artigo no xornal El Mundo do 26-09-2011, consultado o 11-06-2012. O proxecto empresarial, denominado Corcoesto Gold Project, tiña previsto abrir en 2013 e transformar a zona nunha mina a ceo aberto, pero conta coa oposición da veciñanza"Un pobo en loita contra a "bomba" da mina de Corcoesto", artigo de Miguel Pardo en Praza Pública, 6 de xuño de 2012..
Lugares e parroquias Lugares de Corcoesto
Parroquias de Cabana de Bergantiños
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cabana de Bergantiños Tesouro de Corcoesto, película documental
Categoría:Parroquias de Cabana de Bergantiños Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro